Publicador de contidos
Publicador de contidos

Manzaneda inaugura a temporada de esquí con sete pistas abertas

Manzaneda inaugura a temporada de esquí con sete pistas abertas

Aviso amarelo no sur da provincia de Ourense por temperaturas baixas

A estación de montaña estivo ao 80 % de ocupación a fin de semana

Fin de semana de esquí na estación de Manzaneda
G24.gal 29/01/2023 21:11 Última actualización 29/01/2023 21:50

As xeadas volverán deixar temperaturas moi baixas nas provincias de Lugo e Ourense, onde os termómetros marcaron este domingo valores extremos inferiores aos sete graos baixo cero, en Calvos de Randín ou en Baltar.

Por mor destas temperaturas está activado o aviso amarelo no sur da provincia de Ourense para as próximas horas. 

Os ceos despexados desta xornada con temperaturas mínimas moi baixas durante a noite mantiveron a neve caída nos últimos días en Pedrafita do Cebreiro, onde se agarda para esta madrugada que os termómetros volvan marcar temperaturas de ata menos seis graos, as máis baixas da provincia de Lugo. 

Moi similares son as que se agardan en Calvos de Randín, onde na noite do sábado chegaron aos menos oito.

Sete pistas abertas

A friaxe permitiu esta fin de semana abrir por fin sete pistas na estación de Manzaneda con cinco quilómetros esquiables, grazas aos canós de innivación artificial. Cumpríronse as espectativas de inaugurar a temporada de esquí.

"Agora mesmo andamos entre o 80 %, en aloxamento sobre un 90 % e nas pistas entre un 70 e un 80 %".

"Moi contentos e sorprendidos polo bo día que está e a cantidade de neve que hai. Así que vimos probar e gozar do día".

A estación, que foi a última en abrir este inverno, permitirá esquiar mentres continúen as mesmas condicións. De momento, a previsión de temperatura mantén os termómetros baixo cero de noite e non se agardan chuvias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar