Manu Sánchez: "Benítez dime que teño que mellorar aspectos defensivos"
O lateral esquerdo asinou un contrato co Celta para as próximas cinco tempadas

O Celta presentou esta tarde a Manu Sánchez, que chega a Vigo a reforzar a banda esquerda:
"Estou feliz e a gusto no Celta"
"As cousas están a ir moi ben os primeiros días, espero que poida ser unha gran tempada"
Escoitamos o novo lateral esquerdo do @RCCelta
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) July 28, 2023
Manu Sánchez
🎙️ "Benítez dime que para adiante vou ben pero que teño que mellorar certos aspectos defensivos"
🎙️ "Con Gabri (compañeiros na sub21) a relación é moi boa. É un gran compañeiro e un gran xogador" pic.twitter.com/nDHir411Kt
Antes de asinar co club vigués, falou cun canteirán celeste:
"Cando houbo interese do Celta, falaba con Gabri, pregunteille sobre o club, é un gran compañeiro"
Manu Sánchez asinou co Celta para as próximas cinco tempadas, ata xuño de 2028. A fichaxe do futbolista está encadrado dentro do traspaso de Javi Galán ao club branco e vermello.
O montante da dobre operación foi taxada polo club vigués en 15 millóns. Manu Sánchez, cedido os tres últimos anos a Osasuna polo Atlético de Madrid, disputou a última tempada 2.469 minutos, entre Liga e Copa. No primeiro torneo xogou 31 encontros e 5 no de Copa.