Publicador de contidos
Publicador de contidos

Manu Barreiro resignado: "É practicamente imposible eludir o descenso"

Manu Barreiro resignado: "É practicamente imposible eludir o descenso"

Avogou por "defender o máximo posible o escudo", algo que, na súa opinión, fixeron esta tempada, "pero mal"

G24.gal 20/04/2023 11:29 Última actualización 20/04/2023 11:40

O dianteiro do Lugo Manu Barreiro explicou que o Málaga, que visitará o Anxo Carro o domingo, "dá a sensación" de que ten "ilusión" por saír das posicións que levan á Primeira Federación, á vez que cualificou a situación do conxunto branquivermello de "descenso virtual" e afirmou que "é difícil gañar" co que propón ofensivamente.

"Igual estamos un pouco máis sólidos que antes, pero en ataque non estamos a ter moita presenza nin xerando ocasións e é complicado gañar partidos así. En ataque hai moito que mellorar, estamos cun sistema diferente, con dúas puntas que son extremos e tampouco é fácil para eles, pero o aspecto positivo é que defensivamente si estivemos nos partidos ata o final sempre", explicou.

O Lugo enlazou quince xornadas sen gañar, a unha da súa peor serie histórica, que hai un par de tempadas estivo a piques de levalo á categoría de bronce, pero unha gran reacción final evitouno.

"Este ano está a ser tan complicado e tan diferente a outros… nunca estivemos tan descolgados. Naquel ano de 16 xornadas sen gañar tiñas un colchón de puntos sobre o descenso e para min non ten nada que ver co de agora. Esta situación é diferente", afirmou.

Barreiro avogou por "tentar prolongar ese descenso virtual" en que se atopa o Lugo, a catorce puntos da zona de permanencia con dezaoito por disputar. "É practicamente imposible", dixo sobre as opcións de eludir un descenso que dá case por seguro.

En todo caso, avogou por "defender o máximo posible o escudo", algo que, na súa opinión, fixeron esta tempada, "pero mal". Barreiro admitiu que "está a ser un ano moi difícil" e asegurou que os futbolistas deben "asumir" a súa "parte de culpa, que é moita".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar