O Sergas notifica dous falecementos nunha xornada de aumento dos casos activos
Descenden os novos casos detectados por probas diagnósticas

Os casos activos seguen aumentando en Galicia (+26). En total, hai 745 persoas con coronavirus.
Pola súa parte, descenden os novos casos detectados por probas diagnósticas (-19). Foron rexistrados 54 contaxios.
Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:
A Coruña: 195 (-1)
Vigo: 101 (+10)
Ourense: 184 (+1)
Santiago: 66 (-1)
Lugo: 56 (+3)
Pontevedra: 69 (+6)
Ferrol: 74 (+8)
En canto á ocupación hospitalaria, mantense nas 39 persoas. Hai unha persoa máis en UCI (9) e unha menos en planta (30).
O Sergas notificou dous decesos por mor da covid–19, polo que a cifra desde o inicio da pandemia aumenta a 2.655, tras cinco días sen notificárense falecementos. Os finados son unha muller de 84 anos no CHUAC e un home de 88 anos no CHUO. Segundo informa Sanidade, ambos padecían patoloxías previas.
Mapas de incidencia por concellos