Publicador de contidos
Publicador de contidos

Manoliño, o golfiño amigable, nada polas augas de Ferrol

Manoliño, o golfiño amigable, nada polas augas de Ferrol

Os mariñeiros pasaron de xogar con el a aborrecelo porque non os deixa traballar

G24.gal 27/11/2024 14:11

Á media mañá deste mércores, Manoliño chegaba ao peirao ferrolán acompañando a Fran. "Veu comigo xogando coas varas dos raños".

Jesús foi un dos primeiros en descubrir que o golfiño nadaba nas augas de Ferrol. E tremendo susto lle deu. "Vin unha aleta coma se fose a dun tiburón vir cara a miña embarcación... Os que viron a película, poden imaxinalo".

E é que, tras ser repudiado pola súa manda, Manoliño buscou a compañía dos mariñeiros galegos. Primeiro viviu na ría de Noia e deixouse ver tamén por Cee, Corcubión e Fisterra antes de chegar a Ferrol. "Sempre vén con nós, xogando". "Divírtese cunha raia ou con calquera peixe. É un animal ben raro".

Os mariñeiros contan que os primeiros días facíalles graza. Agora din que están fartos porque non lles deixan traballar. "Eu hoxe perdín a marea. Rompeume tres varas". "E nós vivimos disto. Cando volves a terra sen facer o día, non che fai graza".

E advirten de que interactuar con el pode ser perigoso. Mide tres metros e pesa uns 250 quilos.

"Ten moita forza e, xogando, pode levarte ao fondo". "Que se vaia, que se vaia, que nos dá cada susto". Pois semella que Manoliño é feliz, día e noite, en Ferrol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar