Publicador de contidos

Publicador de contidos

Manifestacións en Madrid e Santiago en apoio ao pobo palestino

Manifestacións en Madrid e Santiago en apoio ao pobo palestino

En Madrid estaba a voceira de Podemos Isa Serra e a responsable da secretaría internacional Idoia Villanueva

En Santiago, o BNG sumouse á concentración que reclama a liberdade para Palestina

G24.gal 09/10/2023 21:28 Última actualización 09/10/2023 21:44

En Madrid, centos de persoas concentráronse na Porta do Sol para amosar o seu apoio ao pobo palestino. Entre os manifestantes estaba a voceira de Podemos Isa Serra e a eurodeputada e secretaria de Internacional da formación morada Idoia Villanueva.

E tras o ataque terrorista de Hamas contra Israel, tamén en Galicia se suceden as reaccións. Varias organizacións autodenominadas internacionalistas como Mar de Lumes ou Galiza por Palestina convocaron esta tarde unha concentración en Santiago de Compostela en apoio a Palestina e contra a política practicada polo estado de Israel.

O BNG tamén se sumou a unha concentración que reclama a liberdade para Palestina. Na convocatoria estiveron presentes o deputado no Congreso, Néstor Rego e dirixentes como Bieito Lobeira. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade