Manifestación en Burela para denunciar "o desmantelamento da atención primaria e sanitaria na comarca"
Manifestación en Burela para denunciar "o desmantelamento da atención primaria e sanitaria na comarca"
Reclaman a recuperación da área sanitaria da Mariña
A Plataforma Sanitaria da Mariña convocou unha manifestación en Burela para denunciar, din, o desmentelamento da atención primaira e hospitalaria na comarca.
Centos de persoas participaron na protesta. Entre as súas demandas, que se recupere a área sanitaria da Mariña para evitar que os enfermos teñan que desprazarse a Lugo.
Denunciaron ademais a falta de pediatras nos centos de saúde da comarca, e listas de agarda para especialistas de ata dous anos.
O alcalde socialista de Burela apoiou a protesta, á que acudiu a voceira nacional do BNG. Ana Pontón responsabilizou o PP da situción.
"O que lle está dicindo a cidadanía é que xa está ben de recortes, que se poñan a traballar e doten a sanidade pública dos recursos necesarios. O PP está convertido nun perigo para a saúde da xente e non o podemos permitir", dixo.