Publicador de contidos

Publicador de contidos

Manifestación para pedir a eliminación da caza con animais

Manifestación para pedir a eliminación da caza con animais

A plataforma NAC convocou esta marcha para promover e concienciar sobre a fin da caza, en especial a que se fai con animais

Os cans de caza, galgos e podengos, son, segundo os colectivos animalistas, os máis castigados cando remata a súa vida útil

Piden a fin das granxas ilegais e que a lei de protección animal teña en conta o maltrato que sofren

G24.gal 05/02/2023 16:33 Última actualización 05/02/2023 18:01

Centos de persoas manifestáronse este mediodía en Vigo para promover e concienciar sobre a fin da caza, en particular da caza con animais. 

Foi unha marcha convocada pola Plataforma NAC para denunciar o maltrato e esixir a eliminación da caza con galgos e podengos, unha das razas, segundo as protectoras e tamén outros colectivos animalistas, máis castigadas cando remata a súa vida útil.

Piden a fin dos criadeiros ilegais e incluír na lei de protección e benestar animal que se exclúan da caza para evitar o rendemento económico de moitas empresas do sector cinexético. A marcha realizouse de maneira simultánea noutras 45 cidades españolas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade