Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza o xuízo polo crime da pequena Desirée na Audiencia de Lugo

Comeza o xuízo polo crime da pequena Desirée na Audiencia de Lugo

A vista oral, que comeza este luns, realízase con xurado popular e durará seis días

A Fiscalía, o pai e a acusación popular piden prisión permanente revisable para a nai

Pensan que a defensa vai argumentar que Ana Sandamil non estaba en plenas facultades mentais

06/02/2022 09:26

Este luns comeza en Lugo o xuízo polo asasinato da pequena Desirée. A vista oral terá lugar na Audiencia Provincial con xurado popular e durará seis días.

Nese tempo comparecerán ante o tribunal máis de vinte testemuñas, outros tantos peritos, tres médicos e tamén axentes da Garda Civil que participaron na investigación.

A única acusada no caso é a nai da cativa, Ana Sandamil. Tanto a Fiscalía coma o pai da nena e a acusación popular piden para ela prisión permanente revisable. O pai solicita ademais unha indemnización de 300.000 euros.

Véspera do xuízo

Cleta é a gatiña que Desirée adoraba. O seu pai, José Manuel Leal, recíbenos na casa dos avós da nena na véspera do xuízo polo crime da súa filla, presuntamente asasinada pola nai en Muimenta no mes de maio de 2019.

Pensa que a defensa vai argumentar que a acusada estaba privada das súas facultades mentais plenas, que a libraría da prisión permanente revisable e mesmo do cárcere.

Loitando pola vida

O pai e a nai da pequena conviviron cinco anos e separáronse cando a cativa ía facer tres. A nena quedou coa nai vivindo na casa da avoa. O pai levábaa unha de cada dúas fins de semana.

Nos últimos meses, segundo José, a pequena reclamaba estar máis co pai. Segundo a autopsia, malia a medicación subministrada, a nena morreu loitando pola súa vida.

O avogado da acusación particular José Manuel Ferreiro sostén que o crime foi planificado. "Xa buscaba veleno en datas anteriores", asegura, "adormeceu a rapaza coa súa medicación (...) planeou a coartada (...) e limpou o escenario do crime".

Desirée tiña sete anos e, como lembra apesarado o pai, encantáballe pintar, rir e os unicornios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade