Maleni, unha muller con down, monta unha tenda de 'delicatessen' en Vigo
É o seu primeiro traballo aos 56 anos e xa ten unha empregada
Maleni aos seus 56 anos acaba de cumprir o seu soño de ter a súa propia empresa, Lamandala: unha tenda de produtos gourmet con sede física no Centro Comercial Coia 4 de Coia, en Vigo, e que vende tamén por Instagram e pola súa propia web: Lamandala.es.
Ofrece caixas con produtos delicatessen que cambiarán cada mes por vinte e catro euros. Tamén vende packs de benvida para pisos turísticos para o almorzo con varios cafés, azucre, edulcorante, e aceite, vinagre e sal.
O proxecto foi posible grazas á súa tenacidade e ao apoio do seu irmán e gardador, da súas outras irmás e da súa cuñada, que a acolleu na casa cando veu a Vigo.
Souberon ver o potencial de Maleni, que adora os mandalas e gústalle montar caixas. A idea empresarial que ofrece produto galego de calidade está a ter grande éxito de momento no barrio vigués de Coia.
A empresaria está aberta a novas colaboracións xa que as caixas serán distintas cada mes.
Hai meses tamén conseguiu vivir pola súa conta cunha compañeira de piso. Nada é imposible con ilusión e con apoio.