Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mala xornada na Liga Feminina de baloncesto, con derrotas dos tres equipos galegos

Mala xornada na Liga Feminina de baloncesto, con derrotas dos tres equipos galegos

O Baxi Ferrol perdeu por un só punto co Gernika (63-64)

O Durán Maquinaria Ensino caeu co Estudiantes (44-59)

O Celta Zorka Recalvi apañou unha dura derrota contra o IDK (55-93)

G24.gal 07/10/2023 22:20

Os equipos galegos da Liga Feminina non tiveron sorte nos partidos correspondentes á segunda xornada. O que estivo máis preto da vitoria foi o Baxi Ferrol, que se estreou esta temporada na casa con derrota ante o Gernika. As ferrolás dominaron case todo o partido, ían cinco arriba a menos de tres minutos para o final pero remontaron as vascas e se puxeron por diante a 9 segundos para o remate. Claudia Soriano errou o derradeiro ataque. As ferrolás quedan cunha vitoria e unha derrota.

Pola súa parte, o Ensino caeu no Pazo ante o Estudiantes por 15 puntos de diferenza. Ningunha xogadora do cadro lucense estivo en dobres díxitos, sendo a mellor en ataque Tate, con 9 puntos. Polo cadro madrileño destacou o traballo ofensivo de Mavuli, con 10 puntos e de Whittle, con 11.

E no regreso ao pavillón de Navia, o Celta Zorka Recalvi apañou unha derrota contra un dos equipos fortes da categoría como é o IDK de Donosti. As de Cristina Cantero non puideron facer fronte en ningún momento ao poderío anotador das xogadoras do conxunto vasco, que tiveron en María España a súa mellor anotadora con 25 puntos. Por parte das viguesas bo partido de Musa e Haidara.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos