Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis dun ano despois, persisten as consecuencias do incendio dunha nave en Vigo

Máis dun ano despois, persisten as consecuencias do incendio dunha nave en Vigo

Os veciños quéixanse do estado de abandono da zona e tamén de que se poida producir un incidente nun lugar ás veces frecuentado por persoas sen fogar

G24.gal 09/10/2023 13:20

Os veciños da viguesa rúa Paz aínda poden ver dende as súas ventás as consecuencias do incendio que calcinou unha nave abandonada que hai xunto o inmoble no que residen. Máis dun ano e medio despois, todo segue igual.

Os veciños quéixanse do estado de abandono da zona e tamén que se poida producir un incidente nun lugar ás veces frecuentado por persoas sen fogar.

Denuncian ademais sucidade acumulada e pensan que é a causa da aparición de cascudas nas súas vivendas que tiveron que fumigar. Esixen solucións por parte das administracións, pero polo de agora non atopan respostas nin do Porto de Vigo nin do Concello. Ademais, estes veciños piden máis limpeza e coidados das beirarrúas dunha zona céntrica que consideran moi abandonada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar