Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de 70 mortos no colapso dunha mina de ouro en Malí (África occidental)

Máis de 70 mortos no colapso dunha mina de ouro en Malí (África occidental)

É un dos derrubamentos máis mortais da rexión

O accidente produciuse o pasado venres, pero o Ministerio de Minas de Malí non informou do suceso ata este venres

Mapa de Malí (FrancePress) Mapa de Malí (FrancePress)
G24.gal 24/01/2024 19:13

Os mortos ao derrubarse unha mina artesanal de ouro na localidade de Kobadani, dentro da rexión maliana de Kolikouro, ascende a polo menos 70 mortos, segundo informa un portavoz da Cámara de Minas de Malí.

O accidente ocorreu o pasado venres, mais o suceso non foi reportado polo Ministerio de Minas de Mali ata este martes pola noite, cando informou nun comunicado de "varios mortos".

Segundo o portavoz, xa se recuperaron algúns cadáveres, que son de cidadáns malianos pero tamén de estranxeiros, sobre todo de Guinea Bissau, cuxa fronteira se atopa moi próxima á mina. Así mesmo, afirma que é un dos derrubamentos con máis falecidos rexistrados na rexión, onde hai numerosas minas de ouro, algunhas das cales se explotan de forma ilegal.

Outras dúas fontes locais sitúan os falecidos en arredor de 80 persoas, indicando que entre os falecidos habería numerosos novos.

A mina levaba pechada dende a tempada de choivas (entre xuño e agosto), uns meses nos que se adoita clausurar cada ano por risco para os mineiros. Nesta ocasión, o Goberno maliano non deu instrucións para volver abrila, pero os mineiros fixérono de maneira irregular e estábana explotando pola súa conta.

Mali é un dos países con máis reservas de ouro do mundo e en ocasións explótase de forma irregular e sen control. Para extraer o ouro, os mineiros artesanais usan explosivos, así como acedos e cianuro, e non aseguran os túneles de maneira fiable, co que este tipo de derrubes ocorren con certa asiduidade.

A única comunicación oficial sobre o suceso chega por parte do Ministerio de Minas

O Ministerio de Minas de Mali lanzou un comunicado informando de varias mortes, onde o ministro, Soussourou Dembele, expresa as súas condolencias ás familias dos falecidos.

Dembele indica que segue de preto as operacións de rescate, en coordinación cos servizos de protección civil, e que unha delegación do Ministerio desprazouse ao lugar do suceso.

O ministro lamenta "profundamente" o accidente e pide ás comunidades que viven preto das minas e aos mineiros que respecten as medidas de seguridade e que traballen só nas zonas habilitadas para a extracción de ouro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade