Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de 500 seareiros viaxarán a Talavera para apoiar o Racing

Máis de 500 seareiros viaxarán a Talavera para apoiar o Racing

Para ascender, o Racing precisa gañar e que non o faga o Alcorcón

G24.gal 16/05/2023 16:35 Última actualización 16/05/2023 16:39

Semana de máxima expectación en Ferrol. Hai opcións de que o Racing veña de Talavera co ascenso logrado. Máis de 500 seareiros viaxarán para apoiar os de Parralo. 

Xuntos arredor dun café, Bea, Enrique e Iago planifican, como varios centos de racinguistas esta semana, a súa viaxe a Talavera. O Concello pon oito autocares. Ferrol mobilízase polo ascenso. E quere que sexa este sábado, por aquilo de non xogar con lume.

O Racing precisa gañar e que non o faga o Alcorcón. Os afeccionados cren neste equipo. Entenden, como di a pancarta que fixeron , que chegou a hora de volver á Segunda.

O que non hai quen lles quite é esa ilusión de volver poñer a bandeira verde do Rácing no fútbol profesional

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar