Galicia rexistra máis de 500 contaxios e supera o pico da cuarta vaga
As áreas sanitarias de Vigo e Ourense suman máis de 100 casos activos cada unha
Crece a ocupación hospitalaria en planta (+7) e mantense estable nas UCI
Galicia segue incrementando o número de casos activos, que xa pasa dos 3.500, e supera o pico da cuarta vaga, rexistrado o pasado 29 de abril. En total, hai 3.573 persoas con coronavirus en Galicia.
Pola súa parte, rexistráronse 501 novos casos por probas diagnósticas, unha cifra de contaxios diarios que non se alcanzaba desde había case tres meses, desde o pasado 27 de agosto.
Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:
A Coruña: 533 (+52)
Vigo: 918 (+118)
Ourense: 936 (+100)
Santiago: 328 (+38)
Lugo: 369 (+33)
Pontevedra: 298 (+28)
Ferrol: 191 (+40)
En canto á ocupación hospitalaria, segue aumentando en planta (+7) pero estable nas UCI. En total, hai 105 persoas hospitalizadas, 12 en coidados intensivos e 93 en planta.
Con todo, o Sergas notificou un deceso dunha muller de 72 anos que fora diagnosticada por coronavirus. A muller, que tiña patoloxías previas, faleceu este xoves en Povisa. Con estes datos, o número de falecementos sobe ata os 2.665 desde o inicio da pandemia.
Mapas de incidencia por concellos