Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de 300 tractores marchan en Xinzo contra os altos custos de produción

Máis de 300 tractores marchan en Xinzo contra os altos custos de produción

Reclaman o cumprimento da Lei da cadea alimentaria

Denuncian a situación límite da maioría de explotacións

G24.gal 25/03/2022 14:23

Nunca se viviu unha protesta de tal magnitude. Así de categóricos se mostran os participantes na mobilización agrogandeira desta mañá en Xinzo. Máis de 300 tractores desfilaron pola vila con lemas reivindicativos e para amosar o seu descontento cunha situación económica que está a afogar a maior parte das explotacións. Os veciños secundaron a manifestación.

Bonificacións fiscais en combustible e electricidade, flexibilización da PAC ou control das importacións de produtos agrícolas pola Unión Europea son reclamacións que se engaden á principal demanda: que o Goberno faga cumprir a Lei da cadea alimentaria. Todas as organizacións agrarias convocantes coinciden en que é o único xeito de saír da actual situación.

As organizacións agrarias xa traballan na preparación de protestas similares á de Xinzo en todas as comarcas agrogandeiras galegas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade