Máis de 150 españois tratan de saír dos países afectados polo peche de fronteiras
Dous vascos varados en Mozambique ilustran a odisea
O coreógrafo guipuscoano Asier Zabaleta foi a Mozambique para presentar unha peza que realizou con dous bailaríns locais. Agora vese alí atrapado xunto á realizadora Marian Gerrikabeitia, que se reunira con el para facerlle un documental.
"Tomas unha decisión e aos dez minutos xa hai que cambiala".
"Son decisións que son como ir á boca do lobo".
Explican que as únicas posibilidades abertas son tamén incertas: saír desde Suráfrica ou desde Etiopía.
"Se fósemos a Johanesburgo, que é o epicentro disto, e non puidésemos saír de alí...".
"Unha opción que nos desaconsellan é coller un voo das liñas etíopes en Addis Abeba, que está en guerra".
Un problema engadido é que eses voos van a países europeos que só aceptan a entrada desde eses destinos dos seus nacionais.
"Ou nos repatrian, que parece custoso e dificilísimo, ou quedamos en Macuto sen saber cando vai acabar isto".
O caso de Asier e Marian ilustra o doutros españois tamén atrapados nos países afectados polo peche de fronteiras por causa da nova variante do virus. A embaixada de España en Suráfrica estima que hai entre 150 e 180 viaxeiros do noso país nesa situación.