Cargando resultados...
A A-55 rexistra máis de 130 accidentes ao ano
Nin os seis radares instalados nin os límites de velocidade a 60 km/h conseguiron reducir a sinistralidade
G24.gal
14/02/2022 13:29
A autovía que vai de Vigo ao Porriño necesita melloras urxentes. Os accidentes e as retencións nesta vía que enlaza a cidade con Ourense son continuos. Só o ano pasado o grupo de Emerxencias de Mos tivo que actuar en máis de 130 choques. É neste concello onde se concentran os puntos con maior sinistralidade, na zona das coñecidas curvas de Tameiga.
Non conseguiron reducir os accidentes os continuos parches no firme. Tampouco os seis radares instalados, nin os límites de velocidade a 60 quilómetros por hora. Porque esta A-55 segue sendo unha das autovías máis perigosas de España.