Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis da metade dos participantes no foro Xuventude Mentoring da Xunta atopan traballo en Galicia

Máis da metade dos participantes no foro Xuventude Mentoring da Xunta atopan traballo en Galicia

Os recentemente saídos buscan unha primeira oportunidade laboral e as empresas, os perfís que necesitan

G24.gal 26/12/2023 17:02

Máis da metade dos titulados universitarios ou da FP que participan no foro Xuventude Mentoring da Xunta atopan traballo en Galicia. Os recentemente saídos buscan unha primeira oportunidade laboral e as empresas os perfís que necesitan.

Máis de 700 estudantes que remataron a FP superior ou os estudos universitarios levan participado desde 2021 no programa Xuventude Mentoring. O presidente Rueda conversou non varios deles na xornada de encontro que organizaron na Cidade da Cultura. Explicáronlle como é a súa formación de acceso ao mercado laboral, falaron das visitas a empresas e mais do mentor que teñen asignado segundo o sector profesional ao que vaian incorporarse. O 50 % dos participantes no programa xa teñen traballos estables.

Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia: "Se en Galicia temos moito talento e moita xente nova -que está preparada-, o que queremos é que, se queredes ter unha oportunidade aquí, que a teñades. E a mellor maneira de tela é coñecer, formular dúbidas e despois decidir".

A maiores do Xuventude Mentoring, este 2023 puxeron en marcha o Xuventude Mentoring na Empresa, que inclúe contratos de prácticas remuneradas durante 3 meses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade