Máis da metade das vítimas de tráfico en 2022, positivo en alcol, drogas ou psicofármacos
Máis da metade das vítimas de tráfico en 2022, positivo en alcol, drogas ou psicofármacos
O alcol segue sendo a droga máis consumida polos condutores sinistrados
Cinco de cada dez mortos en accidentes de tráfico en 2022 deron positivo en alcol, drogas ou psicofármacos incompatibles coa condución.
A memoria analiza os restos toxicolóxicos nas vítimas e confirma que das 1.214 autopsias realizadas encontraron restos dalgunha destas substancias en 609 falecidos. Maioritariamente homes.
Para o delegado do Goberno do Plan Nacional sobre Drogas, o informe "pon o foco sobre os riscos das persoas intoxicadas que non deixa de ser un espello das persoas que hai intoxicadas no país, non?"
Aínda que baixou lixeiramente, o alcol segue sendo a droga máis consumida polos condutores sinistrados. Está presente e sete de cada dez mortes, en grandes cantidades e maioritariamente en persoas de entre 25 e 54 anos.
"O 72 por cento non é que dea positivo. É que dá máis do dobre do límite permitido. É delito", destaca o director xeral de Tráfico, Pere Navarro.
Preto do 39 por cento dos falecidos consumiran drogas. Fundamentalmente cocaína e cánnabis. Pero nesta fotografía real preocupa o aumento de positivos por psicofármacos, especialmente antidepresivos e opioides.
Luis del Río, fiscal de Sala de Seguridade Viaria concreta que "pasou do 11 ao 14 por cento e isto debe facer pensar e reflexionar sobre o consumo destes fármacos, que aumentou desde a pandemia".
En canto aos peóns atropelados mortalmente, deron positivo o 42 %. Tamén a maioría homes e maiores de 65 anos. Aquí por primeira vez, a incidencia de psicofármacos iguala o alcol.