Publicador de contidos

Publicador de contidos

Noite abafante con máis de 28 graos en varios concellos da Coruña e Pontevedra

Noite abafante con máis de 28 graos en varios concellos da Coruña e Pontevedra

Vimianzo foi o concello que rexistrou a maior temperatura, co 29 graos de máxima, ás 4:40 horas

Esta noite espéranse tamén altas temperaturas nos termómetros en toda Galicia

Os termómetros rozaron os 30 graos nalgúns puntos deixando unha noite que chegou á categoría de ecuatorial, é dicir por riba dos 25 graos

Amencer nas Cíes (MeteoGalicia)
G24.gal 13/06/2026 09:07 Última actualización 13/06/2026 14:21

Durante esta madrugada varios concellos das provincias da Coruña e Pontevedra superaron os 28 graos de máxima.

Vimianzo foi o concello que rexistrou a maior temperatura, co 29 graos de máxima na estación da Gándara, ás 4:40 horas.

Os outros municipios coruñeses que rexistraron máximas considerábeis foron Cedeira, con 28.8 graos en Punta Candieira, ás 8:30 horas, e Carnota que contou con 28,6 graos na estación de Lira, ás 03:40.

En Pontevedra, Tui foi o concello coa maior temperatura rexistrada nesta noitiña, 28,9 graos na estación de Monte Aloia ás 02:10 horas. Seguido do municipio das Neves, que na estación de San Nomedio asentou 28,4 graos ás 08:40 horas.

Foi unha noite ecuatorial en todos eses concellos. É dicir, a temperatura nocturna situouse por riba dos 25 graos nalgúns puntos. Onde a temperatura estivo entre os 20 e os 25 fálase de noite tropical.

Esta noite espéranse tamén altas temperaturas nos termómetros en toda Galicia, pero sobre todo nas provincias da Coruña e Pontevedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade