Publicador de contidos

Publicador de contidos

Macron chama a Putin para arrefriar o conflito e poñer fin á escalada bélica en Ucraína

Macron chama a Putin para arrefriar o conflito e poñer fin á escalada bélica en Ucraína

Europa ten esperanzas postas na chamada do presidente francés a Putin

G24.gal 28/01/2022 16:03

Europa ten esperanzas postas na chamada do presidente francés a Putin para arrefriar o conflito e poñer fin a escalada bélica en Ucraína. como foi a conversa entre Macron e o presidente ruso.

Foron dúas horas de conversa na que Macron se erixiu como voceiro de facto da Unión Europea para tentar frear ese enfrontamento militar aberto no leste de Ucraína. Todo apunta a que o presidente galo ofreceu recuperar os acordos de Minsk; é dicir, autonomía para as rexións do leste, as separatistas tamén, protección para as minorías ruso-falante. En troco, un cesamento do fogo permanente, un desarmamento das milicias prorrusas e tamén que Moscova retire toda a súa despregadura militar á outra beira da fronteira. Pero semella que para Putin non é suficiente. O Kremlin está a filtrar que o que lle pediu o ruso a occidente foron garantías de que Ucraína non entrará na OTAN.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade