Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños de Maceda, indignados por unhas obras "interminables"

Os veciños de Maceda, indignados por unhas obras "interminables"

As rúas están cheas de fochancas, lama e atrancos

Os comerciantes está sufrindo perdas de ata o 30 por cento

Non hai beirarrúas e transitar supón o perigo ademais xa ten habido importantes caídas

G24.gal 13/12/2023 13:51

En Maceda levan case un ano sufrindo unhas molestas obras. As rúas están cheas de fochancas, de lama, con varios atrancos e sen beirarrúas. Un perigo para os peóns e para o tráfico e moitas perdas para os comerciantes. E xa houbo varias caídas importantes. Os afectados piden que se rematen axiña, pero o proxecto está tendo moitas complicacións e non hai data de finalización.

Maceda está indignada polas interminables obras nas principais rúas da vila. Tamén os propietarios dos negocios estanse vendo moi afectados, hai algún que asegura que lle minguaron ata un 30 por cento as ganancias. E en vez de atender clientes, pasan o día limpando e á falta de pavimento improvisan alfombras.

A rúa está feita un desastre provocando numerosas caídas. Dende o concello de Maceda din que se acumularon complicacións, modificacións do proxecto e erros na execución das obras e aseguran que seguen traballando para que sigan adiante. Despois dun ano, o enfado de comerciantes e veciños vai a máis.

De momento as obras continúan e non hai data de finalización.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade