Luz verde da Xunta á primeira base aérea transfronteiriza contra os incendios forestais
Luz verde da Xunta á primeira base aérea transfronteiriza contra os incendios forestais
Estará situada entre os concellos de Verín e Oímbra, unha das zonas máis castigadas polos incendios
Mellorará a capacidade de reacción fronte os incendios dun lado e doutro da raia
A primeira base aérea transfronteiriza entre Galicia e Portugal na loita contra incendios situarase na comarca de Monterrei, nunha zona lindeira co país veciño.
Ocupará 23 hectáreas de terreo e contará cunha pista de 1.200 metros de lonxitude. Dende el operarán diferentes aeronaves de extinción para atallar incendios tanto dun lado como outro da raia.
O obxectivo mellorar a capacidade de resposta e minimizar os danos causados polo lume.
A Xunta acada de darlle luz verde ao proxecto de construción. Trátase dunha iniciativa europea na que tamén están implicados o goberno portugués e as comunidades de Castela e León e Estremadura e conta cun investimento de máis de 9 millóns de euros.