Luismi: “Fixemos autocrítica, unímonos e soubemos dicirnos as cousas á cara”
Sumar máis en Riazor, seguinte reto a superar segundo o xogador deportivista
O Deportivo atravesa unha semana doce despois do seu importante triunfo da pasada xornada ante o Almería. Os coruñeses conseguiron romper unha serie de cinco partidos sen gañar, que lles permite situarse a tan só un punto das posicións de ascenso directo.
Luismi, asentado no once titular nos últimos encontros, analizou o momento que atravesa o Deportivo previo a recibir ao Rácing este domingo.
“O primeiro que fixemos é autocrítica que é moi importante. Sabiamos onde fallamos e tentamos mellorar para que o equipo volva estar forte con moita confianza. Esperamos un partido difícil esta fin de semana".
Tamén falou sobre as últimas arbitraxes ao Deportivo e o Racing de Santander:
"Iso non depende de nós. Non pasou nada contra eles. Non se se as expulsións son xustas ou non porque non as vin, non podo opinar diso".