Publicador de contidos

Publicador de contidos

Luismi: "É un club histórico e é un paso diante na miña carreira"

Luismi: "É un club histórico e é un paso diante na miña carreira"

O atacante recoñece a boa rivalidade nas bandas, onde pugnará polo posto con David Mella e Yeremay

Foto Deportivo
G24.gal 21/07/2025 14:38 Última actualización 21/07/2025 14:59

Luismi Cruz recoñeceu que hai unha bonita competencia no Deportivo e admitiu que en canto chegou a chamada do club branquiazul, ao concluír o curso, non tivo dúbidas.

"Fíxome moita ilusión que se puxesen en contacto comigo. É un club histórico e é un paso diante na miña carreira".

Declarou que aínda é moi pronto para pensar no ascenso.

"Para iso queda moito, estamos a empezar a pretemporada (risas). O importante é traballar ben e facer unha boa piña. Iremos partido a partido e o futuro deparará o que pasa", aclarou.

Sobre a súa posición predilecta, foi claro.

"Onde o míster decida. Nos últimos tempos estou habituado a xogar máis na banda dereita e na mediapunta. Hai rivalidade, pero levámonos todos moi ben"

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade