Publicador de contidos

Publicador de contidos

Luis Enrique será 'streamer' durante o Mundial

Luis Enrique será 'streamer' durante o Mundial

Asegura que establecerá unha "comunicación máis directa, espontánea e natural" para os seguidores da selección

Twitter de Luis Enrique
G24.gal 15/11/2022 11:57 Última actualización 18/11/2022 17:47

"Streamers do mundo, apartartade, que vou costa abaixo e sen freos". É unha frase de Luís Enrique, seleccionador español, no seu primeiro vídeo co que anunciou que durante o Mundial de Qatar realizará directos en varias plataformas. Asegura que establecerá unha "comunicación máis directa, espontánea e natural" para os seguidores da selección.

O seleccionador español explicou as razóns polas que realizará directos en Twitch e Instagram de momento, mentres a selección española participe no Mundial de Qatar:

"É unha idea que parte de forma desatinada, pero pode ser interesante para iniciar unha relación directa con afeccionados que lles poida interesar a información da selección", afirmou.

"Contarei desde un punto de vista particular, o meu e o do meu corpo técnico, establecendo unha comunicación máis directa sen filtros, espontánea e natural para todos. Con moitas ganas de vivir o ambiente e a presión dun Mundial", engadiu pechando o seu vídeo en redes sociais.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar