Publicador de contidos

Publicador de contidos

Luis Enrique evita a polémica da utilización da Cartuxa

Luis Enrique evita a polémica da utilización da Cartuxa

G24.gal 13/11/2021 20:57

España xoga mañá a clasificación para o mundial a unha soa carta contra Suecia. A situación é moito mellor que hai dous meses. Abóndalle cun empate para estar en Qatar. Pero Luis Enrique, que non quixo polemizar co seu homólogo sueco logo das queixas por non poder utilizar todo o campo no adestramento, non quere nin oir falar dun empate.

Estes eran os xestos de Janne Anderson ao ver o céspede da Cartuxa e comprobar que non podía traballar en todo o campo pra preservalo. O adestrador de Suecia queceu e denunciou na sala de prensa falta de fair play. Minutos despois, España encontrou o mesmo problema -observen as lámaparas diante da portería- pero Luís Enrique evitou esta polémica.

E mesmo aproveitou pra saír doutra. Esa na que dicían que non lle gustaba como xogaba Suecia.

E todo isto escoitámolo a 24 horas do partido decisivo pra ir ao mundial. A Suecia so lle vale o triunfo, o demais clasifica a España. España vén de gañar en Grecia e será fiel ao seu estilo.

Mentres, en Suecia seguen a voltas coa derrota con Xeorxia e con se son mellores con Ibrahímovic. A Luis Enrique o debate non lle quita o sono, alomenos antes do partido. E o de despois segundo resulte. Porque igual llo axuda a quitar a festa sevillana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar