Luis Chacón: "O gol foi o resultado do traballo e o equipo celebrouno coma unha familia"
O xogador da canteira marcou o seu primeiro gol como racinguista na categoría

Tras moitas ocasións sen acerto, paus, intervencións do porteiro durante a temporada pasada, por fin Luis Chacón sacou a espiña de estrearse como goleador co equipo da súa vida nos primeiros minutos da temporada futbolística. Así mesmo, o terceiro gol do eumés permitiulle ao Racing situarse o sábado á noite como líder da 1.ª RFEF.
Era o gran protagonista e pasou polo Galicia en goles.
"Era un equipo que quere estar arriba e empuxa moito coa súa xente. Estivemos moi serios en defensa e non lles permitimos entrar no partido. Un terceiro gol máis cedo daría máis tranquilidade, pero o importante é manter a solidez defensiva. Como se di sempre, hai que meter un gol máis que o rival, e se non recibes tes moito avanzado. A eles cun home menos, xa sen físico, fíxoselles máis costa arriba. O meu gol é o resultado do traballo e o equipo, que é unha familia, celebrouno así. Sabía que con Joselu, que pon as cousas moi fáciles, podería ter esa oportunidade. Logo tiña que ter calma e metela dentro".