Cargando resultados...
Luis Casimiro recoñece que o reto é manter o nivel anterior á parada
Diante terá un Barça vulnerable: "Contra o Barça hai que xogar ben sen que anoten nos primeiros segundos de cada ataque"
G24.gal
28/02/2025 13:16
Última actualización 28/02/2025 13:20
Esta fin de semana volve a ACB. No Breogán Luis Casimiro está contento por recuperar efectivos para medirse ao Barcelona no Palau. Tras a parada, o técnico do Breogán recoñece que o reto é manter o nivel anterior.
"Temos que intentar manternos como estabamos, e agora temos a todos".
Diante terá a un Barça vulnerable e con baixas importantes
"Contra o Barça hai que xogar ben sen que anoten nos primeiros segundos de cada ataque".
O Barcelona perdeu onte ante o Real Madrid en partido de Euroliga.