Publicador de contidos
Publicador de contidos

Luis Casimiro: "O único que lle pido á afección é que estea ao lado do equipo"

Luis Casimiro: "O único que lle pido á afección é que estea ao lado do equipo"

O novo adestrador do Breogán clamou pola unidade do equipo, a afección e a prensa

"Para min o Breogán non é calquera club"

Afirma que hoxe tratou de distender o ambiente no adestramento

G24.gal 05/12/2024 13:12 Última actualización 05/12/2024 13:34

Luis Casimiro falou hoxe na súa primeira rolda de prensa como adestrador do Breogán. O manchego fixo fincapé en estar unidos como club, tanto o equipo como a afección e a prensa:

"Estando xuntos será máis fácil conseguir o obxectivo".

Ademais, o veterán técnico afirma que tratou de distender o ambiente no adestramento de hoxe e que foi unha sesión de falar moito:

"Vou transmitirlles aos xogadores que se teñen que divertir".

Por outra banda, Casimiro aproveitou tamén para enviar unha mensaxe á afección:

"O único que lle pido é que estea ao lado do equipo".

O técnico tamén quixo mostrar que estaba "contentísimo" e afirmou que "o Breogán non é calquera club".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos