Cargando resultados...
Lugo e Compostela deciden o partido na quenda de penaltis (1-1)
Manu Barreiro volveu xogar contra o seu exequipo e fallou na quenda definitiva
Marcelo adiantou o Compostela e Morgado empatou para os lucenses
G24.gal
05/08/2023 21:54
O Lugo, que xogaba en Foz contra a S. D. Compostela, superou na quenda de penaltis o equipo de Manel Menéndez. Marcou o primeiro o cadro santiagués a través de Marcelo no minuto 47. Empatou para o Lugo Morgado no 79.
Na quenda de penaltis o Lugo tivo máis puntería. Munitis estaba satisfeito co rendemento dos seus xogadores e Manu Barreiro falou do seu ex-equipo.