Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lugo acolle unha mostra co gallo dos 50 anos de Fuxan os Ventos

Lugo acolle unha mostra co gallo dos 50 anos de Fuxan os Ventos

G24.gal 22/10/2022 13:51 Última actualización 22/10/2022 14:07

En Lugo inauguraron hoxe a mostra "Fuxan os ventos. 50 anos de historia." Un percorrido polo medio século de existencia do grupo que contou coa presenza dos seus compoñentes, que interpretaron os temas máis recoñecidos do seu repertorio.

A mostra vai estar no espazo cultural do Vello Cárcere ata o 22 de xaneiro e nela hai dende gravacións inéditas ata testemuños dos membros e de colaboradores como Manuel María, Darío Xohán Cabana ou Marica Campo. Fuxan os Ventos debutou nas San Lucas de Mondoñedo do ano 1972. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade