Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lucescu: “Estamos para loitar, non temos nada que perder”

Lucescu: “Estamos para loitar, non temos nada que perder”

G24.gal 26/02/2026 11:06 Última actualización 26/02/2026 11:16

O romanés Răzvan Lucescu, adestrador do PAOK, mostrou este mércores a súa ambición con vistas ao partido de mañá contra o Celta en Balaídos, onde o seu equipo deberá levantar o 1-2 que logrou o conxunto celeste en terras gregas.

“O Celta é un equipo de primeiro nivel, de moita calidade. Se quitamos aos equipos máis poderosos a nivel económico de España, falo de Barcelona, Real Madrid e Atlético, o Celta nestes momentos é un dos equipos máis fortes da súa Liga. Pero nós non renunciamos a nada. Temos que crer, pensar que podemos conseguilo”, manifestou en rolda de prensa.

Eloxiou o cadro dirixido por Claudio Giráldez pola súa “organización” sobre o terreo de xogo, pero el ve os seus xogadores preparados para “loitar” ante un rival que este curso lle gañou as dúas veces.

Lucescu: “Estamos para loitar, non temos nada que perder”.Temos que corrixir algúns erros que cometemos a semana pasada no noso campo. Eles teñen moito potencial arriba, por iso necesitamos xogar moi concentrados”, indicou.

Lembrou que, días despois de visitar Balaídos na fase liga de Liga Europa, tiñan un partido “moi importante” contra Olympiakos porque corrían o risco de descolgarse da pelexa pola primeira praza do campionato grego; por iso cre que o duelo de mañá será "diferente" ao de principios de outubro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade