Louzán: "Eu estaría encantado de ter dúas sedes galegas no Mundial"
O presidente da RFEF confía nas posibilidades de Vigo e a Coruña para acoller partidos en 2030
Louzán tamén falou das queixas do Celta por ter que xogar con menos de 72 horas de descanso en Elxe
O presidente da RFEF, Rafael Louzán, estivo en Ourense participando nun acto que tivo lugar no Campus Universitario da cidade. O falou sobre algúns dos temas da actualidade futbolística en clave galega.
Louzán comezou referíndose as recentes declaracións do alcalde de Vigo, Abel Caballero, que sostén que o Estadio de Balaídos culminará a súa reforma con 43.000 localiades, cumprindo as esixencias da Fifa. "Todos sabemos o xeito de proceder de Abel Caballero. Será a FIFA a que decida. Málaga finalmente non vai ser sede e eu estaría encantado de que houbese dúas sedes en Galicia para un Mundial." Tamén se referiu á marcha da candidatura da Coruña: "Imos ver que pasa coa Coruña, que fixo unha aposta forte, pero ten que haber sintonía entre o club e o Concello, porque se non non estaríamos facendo ben as cousas."
Outro tema que afecta á Federación ten que ver co Celta, que terá que xogar en Elxe sen que transcurran as 72 horas ás que obriga a Liga desde o encontro de Europa League en Stuttgart. "Hai un mínimo establecido e hai que cumprilo. A partir de aí son calendarios moi esixentes, os que temos enriba da mesa. Hai queixas, e hai que entendelas. Estamos a ser sensibles desde a Federación, pero quen marca os horarios, coa autorización da RFEF, é a propia Liga de Fútbol Profesional", comentou Louzán en relación ás queixas que xurdiron do equipo vigués polo apertado do seu calendario.