Publicador de contidos

Publicador de contidos

Loito en Asturias e en Castela e León pola morte de dous mineiros nunha mina de Cangas do Narcea

Loito en Asturias e en Castela e León pola morte de dous mineiros nunha mina de Cangas do Narcea

As vítimas son Óscar, de 32 anos e veciño de Cangas do Narcea, e Anilson, de 42 con residencia en Villablino, na provincia de León

O principado de Asturias e mais a comunidade de Castela e León decretaron dous días de loito oficial pola morte dos mineiros

A Garda Civil investiga as causas do sinistro, que se rexistrou nunha mina que inspeccionaran un día antes do afundimento

G24.gal 22/11/2025 14:16 Última actualización 22/11/2025 14:51

A chamada dun traballador alertou do afundimento pouco antes das cinco da tarde do venres. Dous mineiros estaban atrapados no segundo nivel, a un quilómetro e medio da boca da explotación. Despois o número de atrapados elevouse a tres, pero o terceiro traballador fora quen de saír polo seu pé. Os servizos de emerxencias tardaron unhas tres horas en acceder ao punto do accidente e comprobar o falecemento dos dous mineiros. O rescate do segundo cadáver prolongouse ata case a media noite. A garda civil investiga o sinistro nunha mina que tiña os permisos e inspeccións ao día.

"A mina pasou unha inspección aínda no día de onte. Díxomo xente que participou nela e podo dicirvos que aos propios traballadores lles custa entender o que aconteceu. Unha traxedia no ámbito da mina que coñecemos por desgraza os que somos de zona mineira.", explica o presidente do principado de Asturias, Adrián Barbón.

Os dous mineiros falecidos son Óscar Díaz Rodríguez, veciño de Cangas do Narcea, e Anilson Soares de Brito, de Villablino (León).

O Goberno de Asturias declarou dous días de loito oficial en sinal de dó en toda a comunidade polos dous mineiros. O prazo do loito comezará ás 16:00 horas deste sábado e finalizará á mesma hora do luns. A Xunta de Castela e León tamén decretou loito oficial durante o mesmo tempo.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade