Publicador de contidos

Publicador de contidos

Localizan un home morto no acceso ao aparcadoiro subterráneo da Choupana, en Santiago

Localizan un home morto no acceso ao aparcadoiro subterráneo da Choupana, en Santiago

Todo indica que morreu por sobredose

A poucos metros sitúase un punto de venda de droga denunciado polos veciños

G24.gal 29/05/2026 14:09

Sucedeu a primeira hora da mañá do xoves. Unha particular deu a voz de alarma ao atopar o corpo sen vida dun home no acceso ao aparcadoiro subterráneo da Choupana, a poucos metros do Hospital de Santiago. O home perdera a vida por un paro cardíaco provocado, segundo apuntan todos os indicios, por unha sobredose. 

Dáse a circunstancia de que o suceso tivo lugar moi preto desta vivenda abandonada da avenida de Bilbao, coñecida como a casa da palmeira, e sinalada polos veciños da Plataforma Santa Marta Seguro como un dos punto de venda e consumo de droga que xera conflito no barrio. De feito, esta mesma semana desenvolveuse un operativo policial nos seus arredores. 

Para o vindeiro luns esta asociación convoca unha concentración ás nove na praza Roxa onde esixirá medidas para desartellar este e outro punto de venda da zona, coñecido como Banco do Pobre, frecuentados, segundo din, por xente cada vez máis nova. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade