Publicador de contidos

Publicador de contidos

Localizan e recuperan o cadáver do mergullador desaparecido no Grove

Localizan e recuperan o cadáver do mergullador desaparecido no Grove

Sobre as 11:30 horas, mergulladores dos GEAS atoparon o corpo do home desaparecido, que estaba somerxido e "enganchado" a algo, "preto" de onde desaparecera

G24.gal 06/05/2022 13:18 Última actualización 06/05/2022 14:53

Efectivos do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Garda Civil localizaron somerxido na mañá deste venres o corpo do mergullador desaparecido desde o luns na zona do Grove e  veciño de Vilagarcía de Arousa.

Así o confirmaron fontes do Instituto Armado, que detallaron que sobre as 11:30 horas mergulladores dos GEAS atoparon o corpo do home desaparecido, duns 44 anos de idade, que estaba mergullado e "enganchado" a algo, "preto" de onde desaparecera.

Un capitán da Garda Civil que seguiu desde as rochas o traballo dos GEAS conta que foi bastante difícil sacalo da auga polas condicións do terreo e di que sospeitan que puidera estar enganchado "por algunha extremidade".

Segundo sinalaba o capitán da Garda Civil, todo apunta a que o falecido, que vivía só en Vilagarcía, levaba na auga desde o luns en que deixou aquí o seu coche para practicar pesca submarina. Onte, xoves, ao veren o vehículo aparcado, púxose en marcha a busca na zona.

O capitán da Garda Civil fala de circuntancias que rodearon as pescudas neste caso a partir dunha serie de sospeitas e averiguacións.

Tras ser recuperado o corpo foi levado a terra á espera de que a autoridade xudicial ordenase o levantamento do cadáver para o seu traslado. O corpo foi recuperado tras comezar na tarde deste pasado xoves un operativo de procura, coordinado pola Garda Civil, para localizar a este mergullador veciño de Vilargacía de Arousa, cuxo vehículo permanecía estacionado na zona de San Vicente desde o luns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade