Localizan sen vida e sen signos de violencia o vigués desaparecido desde o domingo
A familia fixera un chamamento para tratar de dar con el e advertía de que levaba "semanas desorientado"
O corpo sen vida de José Óscar Mosquera Santás, cuxa familia denunciou que estaba desaparecido desde o pasado domingo, foi localizado sen vida este venres na cidade de Vigo.
O home foi atopado na zona da Florida, sen signos de violencia. O seu fillo fixera público un chamamento a través de redes sociais hai uns días, advertindo de que José Óscar levaba "semanas desorientado".
Este veciño de Vigo fora visto por última vez o pasado domingo, cando saíu do seu domicilio na zona de Alcabre, e a súa familia pediu axuda para localizalo, apuntado que estaba "enfermo". Así mesmo, sinalaba que José Óscar adoitaba "parar" polas zonas de Gran Vía, rúa Marín de Coia, Balaídos, Fragoso e A Florida.