Publicador de contidos

Publicador de contidos

Localizan o corpo sen vida dun home duns 70 anos no peirao de Curuxeiras, en Ferrol

Localizan o corpo sen vida dun home duns 70 anos no peirao de Curuxeiras, en Ferrol

Está previsto que se lle realice a autopsia ao cadáver, do que se descoñece a identidade polo momento, no Hospital Naval

G24.gal 28/02/2024 16:18 Última actualización 28/02/2024 19:14

O corpo sen vida dun home duns 70 anos foi localizado sobre as 14:00 horas deste mércores no peirao de Curuxeiras, en Ferrol.

A alerta foi dada aos servizos de emerxencia por un home que observou na auga un corpo aboiando no lugar onde adoita atracar a lancha que realiza as viaxes entre esta cidade e Mugardos.

Na zona compareceron axentes da Policía Local de Ferrol, Policía Nacional, Garda Civil e Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, así como unha embarcación de Salvamento Marítimo.

Foi esta última a encargada de rescatar o corpo e levalo a terra. Ao momento tamén acudiron profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Unha comisión xudicial desprazouse ao porto para autorizar o levantamento do cadáver, que aínda está sen identificar. Así, foi trasladado ao Hospital Naval de Ferrol, onde se lle realizará a autopsia na tarde deste mércores.

O xulgado de garda en Ferrol, o de Instrución número 3, asumiu a investigación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade