Cargando resultados...
Localizan en Sevilla o home de 82 anos desaparecido este luns na Coruña
Segundo informou SOS Desaparecidos, o home foi atopado en bo estado
Levaba desaparecido desde este luns

G24.gal
28/11/2023 13:11
O home de 82 anos que faltaba do seu domicilio na Coruña foi localizado en bo estado en Sevilla, segundo informou SOS Desaparecidos despois de solicitar esta mañá axuda para a súa localización.
Trátase de Pedro Jiménez Borja, de 82 anos, 1,75 de estatura, 80 quilogramos, pelo e barba cana e ollos verdes, precisaban na información facilitada para axudar á súa localización. En concreto, SOS Desaparecidos explicou que se trataba dunha persoa con "alta vulnerabilidade".