Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Liberdade para Sito Miñanco pola operación Mito, pero seguirá en prisión por outras causas
Superou o tempo máximo de prisión previsto pola lei
Tamén se decretou a liberdade para outros 5 investigados
Agardaban xuízo por intentar introducir 4 toneladas de cocaína en España
 Imaxe de arquivo
                        Imaxe de arquivo
            
                            ana lois
                        
                            11/01/2022 19:05
                        
                        
                        
                        
                    
                    A Audiencia Nacional ordena a liberdade privisional de Sito Miñanco e doutros 5 investigados pola operación Mito.
E faino polo vencemento do prazo máximo de catro anos de prisión preventiva marcado pola lei.
A instrución do caso estaba rematada e lista para ser xulgada. Pero a extradición a España dun dos investigados obrigou a devolver a causa ao xulgado.
Os investigados intentaron supostamente introducir en España case 4 toneladas de cocaína.
A pesar desta decisión, Miñanco seguirá en prisión cumprindo condena por outras causas.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
                 
            
        