Publicador de contidos

Publicador de contidos

Libélulas Dragon Boat, un equipo de mulleres pontevedresas unidas polo cancro e o deporte

Libélulas Dragon Boat, un equipo de mulleres pontevedresas unidas polo cancro e o deporte

G24.gal 21/10/2022 09:49 Última actualización 21/10/2022 11:34

As Libélulas Dragon Boat son un equipo de oito mulleres pontevedresas unidas pola asociación ADICAM de pacientes de cancro de mama. Hai menos dun ano que se formou a agrupación desta modalidade deportiva de orixe asiática, que ademais de supoñer unha terapia de rehabilitación, sérvelles como terapia psicolóxica, un espazo onde falar sen tabús da enfermidade e onde atopan animo entre mulleres que pasan pola mesma enfermidade. En menos dun ano de andaina o equipo das Libélulas xa logrou varios podios.

O temporal frustrou a xornada de adestramento das Libelulas Dragon Boat, pero non mingua as ganas nin o ánimo deste equipo, integrado por oito mulleres con cadansúa historia de loita contra o cancro.

En menos dun ano de andaina do equipo xa lograron varios podios. Pero precisan máis remeiras para seguir dando guerra na auga e na vida. Son oito e precisan 10 integrantes para competir en igualdade de condicións co resto de equipos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade