Lesiónase Aspas e apágase o Celta
Os erros defensivos permitiron a remontada do Valencia. O Celta só gañou 1/9 na casa
Maxi Gómez non celebrou o gol en sinal de respecto ao seu pasado celeste
O Celta sufriu unha nova derrota en Balaídos, desta quenda contra o Valencia por 1-2.
E iso que o partido comezou moi ben cos de Coudet, que no minuto adiantábanse nunha xogada made in Iago Aspas. Bicicleta dentro da área e definición perfecta.
Pero nesa mesma xogada Iago tivo que marchar lesionado por unhas molestias no adutor (nos vindeiros días coñecerase a gravidade). E o Celta, sen faro, foi pouco a pouco perdendo folgos.
Primeiro foi Hugo Duro, que aproveitou un erro entre Dituro e Tapia para poñer o empate no marcador.
Despois foi Maxi Gómez, benévolo por non festexar o seu gol, o que completou a remontada che noutro erro garrafal da zaga celeste.
Eduardo Coudet fixo autocrítica.