Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lei de convivencia universitaria: infraccións e sancións do século XXI

Lei de convivencia universitaria: infraccións e sancións do século XXI

 Derroga o decreto de 1954 e castiga o plaxio, as novatadas, a fraude ou o acoso

G24.gal 14/03/2022 17:28

Entra en vigor a Lei de convivencia universitaria. Pon fin a un baleiro legal de 40 anos en que as infraccións e o réxime sancionador se rexían por un decreto preconstitucional de 1954.

Contemplaba, por exemplo, as faltas de respecto á relixión, pero non tiñan en conta nada relacionado coa liberdade de expresión, reunión ou manifestación.

A nova lei inclúe e sanciona faltas propias dos nosos tempos: fraude académica, novatadas e o acoso por razóns de sexo ou orixe. As faltas moi graves ou graves poden supoñer a expulsión da universidade ou facer perder os dereitos de matriculación.

Tamén introduce métodos alternativos á sanción, como a creación dunha comisión de mediación para intentar resolver os conflitos. Pero a lei establece criterios básicos e deixa en mans das universidades, e nalgún caso das comunidades autónomas, crear os métodos e procedementos para poñela en práctica. Para iso teñen un prazo dun ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade