Lalín acolle parte da rodaxe da película 'O pesadelo das vacas'
Participada por TVG, o filme é a ópera prima do director Rafa de los Arcos, protagonizada por María Vázquez e Diego Anido
As pegadas invisibles da violencia e as consecuencias sobre as súas familias.
Este é o drama que explora a película 'O pesadelo das vacas', que este martes estivo de rodaxe en Lalín.
Participada por TVG, o film é a ópera prima do director Rafa de los Arcos, protagonizada por María Vázquez e Diego Anido.
O filme conta a historia dunha muller, María Vázquez no papel de Celia, que volve á súa aldea natal e ten que enfrontarse á sombra de seu pai, autor dun crime que marcou toda a familia e a comunidade.
Producida por Matriuska Producciones, a película desenvólvese nun ámbito rural e captura a intensidade emocional das relacións familiares.