'La reina del flow', cabeza de cartel do Galicia Fest 2026, actuará en xuño en Vigo e na Coruña
A segunda edición do festival celebrarase os días 26 e 27 de xuño no porto de Vigo e as entradas estarán á venda a partir deste martes
O concerto de Vigo enmarcarase dentro da xira internacional da exitosa serie de televisión, que tamén actuará na Coruña
Un dos concertos da serie de máis de 170 episodios que se caracteriza pola música urbana e o baile (Artist Publicist/EuropaPress)
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou este luns a primeiro cabeza de cartel da segunda edición do Galicia Fest, que se celebrará os días 26 e 27 de xuño contando con 'La reina del flow', o fenómeno musical e televisivo latinoamericano que triunfa en Netflix.
Tal como informou o ente provincial, a actuación será no porto de Vigo o venres 26 e contará co elenco orixinal da serie, como Carlos Torres, Jay Torres ou María José Vargas, cantando temas como 'Amor imposible', 'Reflejo' ou 'Perdóname'.
O concerto de Vigo enmárcase dentro da xira internacional de 'La reina del flow', que tamén parará na Coruña o 27 de xuño.
Pola súa banda, segundo informou o goberno local da Coruña, 'La reina del flow' ofrecerá o 27 de xuño un concerto nesta cidade, con entradas á venda a partir deste martes, 10 de febreiro.
"Para a Deputación de Pontevedra é un pracer volver impulsar a conexión entre o porto e a cidade cunha oferta musical e de lecer dinámica.
Estou convida de que serán dous días de celebración que, como o ano pasado, encherán o Porto de Transatlánticos de música e bo ambiente", afirmou Sánchez sobre o de Vigo, reivindicando o patrocinio de Deputación e Xunta deste evento.
Tanto as entradas para o venres como os abonos para asistir a todo o festival sairán á venda este martes, día 10 de febreiro, áás 12:00 horas, con importes iniciais de 25 e 40 euros, respectivamente.