Kerry Kennedy reivindica en Santiago a importancia da educación para frear o retroceso democrático global
Kerry Kennedy reivindica en Santiago a importancia da educación para frear o retroceso democrático global
A filla de Robert Kennedy asinou no libro de honra da Universidade Intercontinenal da Empresa (a universidade privada de Abanca), da que é doutora honoris causa
Este luns estivo en Santiago Kerry Kennedy, sobriña de John Fitzgerald Kennedy, o 35º presidente dos Estados Unidos. A fundación que preside, e que leva o nome de seu pai Robert, asinou un convenio con Abanca para educar os mozos no respecto aos dereitos civís. Ademais, nomearon a Kerry Kennedy doutora honoris causa da UIE, a universidade de Abanca.
O solemne acto celebrouse pola tarde en Santiago de Compostela, e nel Kennedy pronunciou unha conferencia maxistral e recibiu o diploma e a medalla académica da universidade promovida por Abanca.
A UIE outorgou este título a Kerry Kennedy "en virtude da súa dilatada e significativa contribución internacional á defensa dos Dereitos Humanos, a Paz e o seu activismo social, así como polos seus méritos académicos como Doutora en Dereito".
A presidenta da Fundación Robert F. Kennedy chegou a Santiago co seu can Scamper e cunha mensaxe de defensa dos delitos civís. Contou que ten 35 sobriños e sabe ben do desconcerto da mocidade ante a crise climática ou ante os cambios que a intelixencia artificial introducirá no mercado laboral, e lamentou que todo isto estea a resultar tan inquietante. Amosouse preocupada polo auxe dos movementos antidemocráticos que buscan culpables, dixo, "nas mulleres, persoas racializadas, inmigrantes".
A mellor arma contra isto -afirmou a sobriña de John Fitzgeral Kennedy- é a educación. O presidente de Afundación e reitor a UIE, Miguel Ángel Escotet, falou tamén da importancia da educación non formal para a defensa dos dereitos humanos.
A información veraz e os movementos colectivos, engadiu Kerry Kennedy, son o xeito de loitar contra o retroceso democrático global.