Publicador de contidos

Publicador de contidos

Drons con tecnoloxía punta galega para a loita contra os incendios

Drons con tecnoloxía punta galega para a loita contra os incendios

A Obra Social de Abanca entregaralle á Xunta os tres equipos compostos por un dron e a súa base de operacións

Os sistemas de vixilancia con diferentes aplicacións tecnolóxicas foi desenvolvida polo centro tecnolóxico ITG

Os drons permiten chegar a zonas de difícil acceso e detectar conatos de incendio ou persoas
G24.gal 02/12/2025 16:06

A loita contra os incendios en Galicia contará o ano que vén con equipos de vixilancia aérea de última tecnoloxía, e con selo galego. 

Os drons de tecnoloxía de última xeración de orixe galega, desenvolvida polo centro tecnolóxico ITG, e que Abanca pón a disposición da Xunta de Galicia, complementarán os recursos antiincendios no 2026.

O prototipo dos sistemas de vixilancia aérea foi presentado este martes no mosteiro de Santo Estevo, diante dunha ampla representación institucional, e operarán nas comarcas de maior risco de incendios forestais: Valdeorras, Verín e A Ribeira Sacra.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, agradeceu esta importante axuda para mellorar a xestión do traballo de prevención. E destacou que o vindeiro ano aumentan de 50,5 a 75,38  millóns de euros os investimentos en prevención nos montes galegos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade