Keandre Cook quere aproveitar a oportunidade do Breogán para xogar na ACB
Cook: "España ten bo baloncesto, é unha liga difícil de entrar"
Keandre Gary Cook (Baltimore, Maryland, 1 de maio de 1997) é un xogador formado na Universidade de Missouri State (NCAA), onde na súa última tempada conseguiu unhas medias de 14,8 p. 4,5 rebotes e 1,4 asistencias, cun 43,1% en triplos.
Desde alí pasou a formar parte do equipo da liga de desenvolvemento dos Charlotte Hornets. A pasada tempada xogou en Australia (16,7 puntos, 4 rebotes e 3 asistencias en 28 encontros no Brisbane Bullets) e á finalización da liga australiana xogou 5 partidos na liga chinesa (Guangdong Tigers, 13,2 p., 3,4 reb.) acabando a tempada en Israel, promediando en 10 partidos 19,5 puntos, 5,3 rebotes e 2 asistencias.
"É unha boa experiencia para min, unha gran liga. España ten bo baloncesto, é unha liga difícil de entrar"
"Se tes unha oportunidade na ACB, tes que aproveitala. Realmente esta é unha boa oportunidade para min"
Cook é un xogador con bo físico, polivalente e anotador , capaz de xerar con balón, en 1x1 e a partir de bloqueo directo, e con boa capacidade de pase e de rebote.